Silleda, 15 de agosto de 2017. Dende xaneiro ata xuño deste ano, a Fundación Humana Pueblo para Pueblo recolleu en Silleda un total de 11.273 kg de textil usado, segundo datos da entidade que dende 1987 promove a reutilización de roupa e calzado e que realiza programas de cooperación en distintos países de África, América Latina e Asia,.
Esta cifra confirma a tendencia á alza da reutilización do resiudo textil. No caso de Silleda, no primeiro semestre deste ano as doazóns representan un aumento do 12,96% respecto aos mesmo periodo do ano anterior, cando se recolleron 9.980 kilos.
Fundación Humana Pueblo para Pueblo ten un total de 7 colectores instalados en Silleda e A Bandeira, onde os cidadáns poden depositar a roupa, calzado ou complementos e textil do fogar que xa non usan para darlles unha segunda vida.
A colaboración con Humana renovouse dende o Concello de Silleda a finais do ano 2015, como complemento ao traballo que se está a realizar dende o programa municipal Silleda Solidaria, en concreto a través do roupeiro municipal.
En virtude deste acordo, o Concello poderá dispor anualmente dun total de 350 kilogramos de roupa usada sen clasificar recollida mediante os colectores de Humana, para o uso que se considere oportuno.
A maiores, a fundación colabora co Concello coa aportación de 250 euros anuais por colector (un total de 1.750 euros por ano). Esta cantidade é destinada para realizar acción no marco dos obxectivos do acordo, obxectivos que van dende a sensibilización da poboación sobre a reciclaxe a valoración dos residuos, ata o apoio ás familias con menos recursos do municipio, sen esquecer a cooperación internacional para o desenvolvemento, ámbito de actuación da Fundación Pueblo para Pueblo.
Ubicación dos colectores
A día de hoxe Humana conta con 7 colectores nas dúas vilas do municipio. En Silleda están situados xunto ao Centro Social, o IES Pintor Colmeiro, na avenida do Parque, na rúa Trasdeza e nas inmediacións da Praza da Feira Vella. Na Bandeira están xunto ao Centro de Saúde e a Praza da Feira.
O responsable da área de Recollida de Humana en Galicia, Gustavo Pampín, explica que : “Cada vez que reciclamos y reutilizamos contribuimos a proteger el medio ambiente. Promovemos la economía circular, reducimos las emisiones de gases de efecto invernadero que agravan el cambio climático y creamos puestos de trabajo. Todo ello es posible gracias al esfuerzo que ayuntamientos, empresas y entidades como la nuestra hacen para dotar a la ropa de un fin social e impulsar proyectos sociales”.
A reutilización e a reciclaxe do textil contribúen tamén á protección do medio ambiente e á loita contra o cambio climático, xa que ademais de recuperar prendas evítase o seu depósito en vertedoiros contribuindo a reducción da emisión de gases de efecto invernadoiro. Segundo datos da entidade, no caso de Silleda as 11 toneladas recollidas no primeiro semestre do ano representan un aforro de 35 toneladas de CO2 ça atmósfera