-A dotación, para o arranxo de vías, foi adquirida a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
Silleda, 25 de agosto de 2020. O Concello de Silleda vén de mellorar o departamento de vías e obras coa incoroporación dunha nova maquina para a compactación en obras de terra e asfaltado.
A máquina, que hoxe se entregou na nave municipal do polígono Área 33, foi adquirida a través dos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A compra foi adxudicada á firma Torneiro Maquicoruña S.L. , por importe de 32.791 euros.
“Con esta nova dotación seguimos apostando por mellorar os servizos e o coidado das infraestruturas no municipio”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe recepcionou a maquinaria xunto con edil de Vías e Obras, Antonio Ferro Losada.