Silleda remata obras de mellora de pistas en oito parroquias coa maquinaria da Deputación

  • O Concello atende así as demandas que a veciñanza lle trasladou ao equipo de goberno durante a súa visita ás parroquias

  • Paula Fernández agradece o esforzo dos traballadores da Mancomunidade e lembra que en setembro as máquinas volverán en setembro

 

O Concello Silleda vén de rematar, utilizando maquinaria da Mancomunidade do Deza, actuacións de mellora con zahorra en viais  de ata oito parroquias,  dando resposta a moitas das demandas que a veciñanza lle formulou aos representantes do goberno municipal durante as visitas que fixeron ás parroquias nos últimos meses.

O goberno estableceu unha serie de prioridades a hora de elixir as pistas sobre as que actuar. Entre este criterios establecéronse, por esta orde, os seguintes: pistas que melloren a mobilidade das persoas, accesos a vivendas, accesos a explotacións tanto agrarias como agrícolas e pistas que unan parroquias. Tamén se tivo en conta non só o estado de conservación destas pistas, senón tamén a colaboración cidadá na execución dos traballos.

Estas actuacións iniciáronse en Xestoso fai un mes, para a mellora dunha pista de acceso secundario ao lugar de Fontefría, que vai a mellorar a mobilidade dunha persoa en cadeira de rodas; e continuaron logo por Saidres, Silleda, Ponte, O Castro,  Grava, Fiestras e Cortegada.

En Saidres reparouse a pista que une dúas parroquias, Saidres e O Castro, entre as localidades de Caxeba e Vilavella, así como o acceso a unha vivenda neste último lugar. Ademais nesta parroquia fixéronse reparacións puntuais para a eliminación de auga nas pistas

En Silleda reparouse o acceso a dúas explotacións agrarias moi próximas ao casco urbano, que é usado como zona de paseo por moitos cidadáns. Ademais, melloráronse varias  zonas de aparcadoiro no casco urbano.

No caso de Ponte, reparouse un camiño situado na zona de Rosende frecuentado pola veciñanza e que da acceso a fincas agrarias.

En Grava arregláronse varias pistas. Unha de elas no lugar de  Vilar, que  dan acceso a fincas agrarias, e outras dúas en Arcos, que dan acceso a unha vivenda e a explotacións gandeiras. En Fiestras melloráronse accesos a fincas agrarias no lugar Barcia.

Por último, as máquinas estiveron na parroquia de Cortegada, concretamente no lugar de Xubín, onde en colaboración coa Comunidade de Montes se repararon varios de acesos a montes.

A Alcaldesa de Silleda quere agradecer publicamente o esforzo feito polos traballadores da Mancomunidade,  “que a pesar de estar unha persoa do equipo de baixa, co apoio do encargado de obras municipal, foron capaces de finalizar todos os traballos que se tiñan programado nesta primeira quenda”

A maquinaria voltará en setembro para a segunda quenda correspondente ao Concello de Silleda, “durante a que seguiremos dando cumprimento as demandas recollidas nas reunións coa veciñanza e cos mesmos criterios” finaliza a alcaldesa.