Silleda, 1 de decembro de 2016. O programa municipal Silleda Solidaria vén de poñern en marcha a campaña ‘Un agasallo, un sorriso’ para que todos os nenos e nenas do noso Concello poidan disfrutar do Nadal. Todo o donado debe ser novo e recolleranse xoguetes, material escolar, material de hixiene e cosmética e calquera outra doazón que se considere oportuna para esta campaña, sempre que se trate de produtos novos, non usados.
Estes regalos, como en anos anteriores, entregaránse aos nenos/nenas das familias con menos recursos durante este Nadal. Todo o donado deberá entregarse nas dependencias de Benestar Social de Silleda, no Centro Social.
A concelleira Pili Peón agradece de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas e entidades que cada ano “participan de xeito desinteresado con esta iniciativa facendo que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal”, engade.