
⚡ Arredor das 09:20 restableceuse o subministro de luz en Silleda, aínda que algunhas parroquias seguen sen servizo. 📶 Tamén se está a recuperar, pouco a pouco, a conexión telefónica.
📢 As actividades municipais desta mañá quedaron suspendidas, pero esta tarde retomaranse con normalidade.
👮♂️ Dende o Concello reforzouse a atención durante a madrugada co servizo de Policía Local, e dende Benestar estanse facendo visitas ás familias e maiores en situación de vulnerabilidade. ❤️🩹
🚜 Esta mañá, os servizos municipais tamén están colaborando con explotacións gandeiras que tiveron problemas co subministro de auga.
☎️ Para incidencias, podedes contactar co Concello de Silleda: 986 580 000.
