Silleda, 29 de xuño de 2013. A Xunta de Goberno Local de Silleda acaba de dar o visto boa o III Plan de Igualdade de Oportunidades, coordinado polo Centro de Información á Muller (CIM). O documento chega para adaptar as actuacións necesarias en materia de igualdade á diversidade e dinamismo da poboación, unha vez rematado o periodo de vixencia dos plans anteriores.
O traballo estructúrase en dúas fases: un informe diagnóstico sobre a situación das mulleres silledenses en distintos ámbitos e o plan propiamente dito, no que se recollen a evolución e experiencia dos traballos anteriores tratando de mellorar diferentes aspectos. “O plan está realizado en función da análise resultante dese informe diagnóstico”, sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Dolores García.
O traballo diagnóstico previo realizado polo personal do CIM de Silleda analiza a situación das mulleres de Silleda e a súa presenza en distintos ámbitos. A poboación feminina representa a metade do censo poboacional (do total de 9.533 habitantes, 4.751 son mulleres e outros 4.782 son homes). En canto ás características demográficas por idade, apreciase que a poboación de homes é superior na franxa de idade nova e adulta, mentres que o 57,3% da poboación maior de 65 anos son mulleres. Esa preponderancia numérica das mulleres nos grupos de idade máis avanzados é unha tendencia característica de moitas poboacións de sociedades desenvolvidas. O informe, que analiza a poboación por parroquias divídese en nove áreas: poboación, educación, emprego, conciliación da vida laboral, persoal e familiar, participación e asociacionismo, cultura, saúde, mulleres en situación de especial vulnerabilidade e violencia de xénero.
As mulleres representan o 46 por cento das persoas desempregadas
En materia de emprego recóllense os últimos datos da EPA segundo os que a pobación feminina representa o 46% das persoas silledenses en situación de desemprego. Dos 733 parados, 339 son homes e 334 mulleres. En canto ao desemprego feminino a gran maioría superan os 25 anos de idade.
No tocante á conciliación da vida laboral e familiar analízanse recursos para a atención da menores (escola infantil, servizo lúdico educativo, campamentos de nadal e verán) e a atención a maiores dependentes (servizo de axuda no fogar). O tecido asociativo, a presenza da muller en entidades culturais (escola de música, usuarios biblioteca, bandas de música, coral…) ou nos consellos municipais creados ata a data (cultura e educación) tamén figuran no informe.
O traballo foi realizado pola directora e asesora xurídica do CIM, Carmen Miranda Posse e pola psicóloga do CIM, Anxos García Fidalgo.
Consello Municipal da Muller
O plan propiamente dito estrutúrase en sete eixos de intervención que conectan directamente cos cambios globais e estruturais que se desexan consolidar dende o Concelo de Silleda, tanto na sociedade coma no propio modelo de acción pública, cun horizonte temporal de traballo fixado en 2016. Os eixos son: participación activa da muller na sociedade, educación en igualdade, mercado laboral, conciliación corresponsable e calidade de vida, cultura, benestar e cooperación e violencia de xénero.
En canto á participación activa da muller na sociedade figuran actuacións de divulgación coma o proxecto Creadoras, posto en marcha este año para promocionar o traballo de varias silledenses e accións de emponderamento, entre outros. Proponse tamén como novidade a creación do Consello Municipal da Muller, como canle de participación efectiva na aplicación do principio de igualdade de xénero e loita contra a discriminación, así como acción para fortalecer o tecido asociativo feminino, que en Silleda conta con 8 colectivos de mulleres. “A través desta nova entidade realizaríase tamén un seguimento do plan de igualdade”, remarca a concelleira.
As actuacións en materia de educación en igualdade (continuando entre outros co programa Coeducamos) son outras das protagonistas. Tamén destacan actuacións dentro do eido do emprego, coa finalidade de fomentar a colaboración e a coordinación con departamentos, organismos ou institucións do eido da orientación e formación para o emprego. O impulso e mantemento da bolsa municipal Silleda Emprega, ou a formación específica para facilitar a incorporación da muller ao mercado laboral son outras das actuacións, seguindo a estela de programas existosos coma o Aurora, cun alto nivel de inserción laboral.
Tamén se prevén, entre outras iniciativas de sensibilización e detección precoz de situacións xeradoras de violencia de xénero, ou para reforzar a protección e atención integral ás mulleres vítimas da violencia de xénero (reforzó de axudas económicas, programas de fomento de autoestima