Silleda xa ten reservadas 550 para pernoctacións de peregrinos no mes de xullo

Silleda, 1 de xullo de 2017.  A Ruta da Prata cara a Compostela segue a rexistrar unha elevada afluenza de peregrinos durante estes meses de verán. No Concello de Silleda xa se rexistraron reservas para a pernoctación de grupos no pavillón da Bandeira, lugar habitual para dar cabida a este tipo de expedicións. En total o número de reservas para este mes de xullo, sitúase en 550 persoas, e agárdase que a cifra aumente con reservas en agosto.

Entre os grupos que visitarán o municipio e farán noite no pavillón da Bandeira figuran peregrinos procedentes de Tarragona, Madrid, Badajoz, Ourense, Úbexa, Xaén ou Valladolid. Outro grupo de Córdoba pernoctará tamén a vindeira semana no albergue Santa Olaia de Silleda.

Dende a Concellería de Turismo Ana Luisa González destaca a grande afluenza de peregrinos para os que o municipio que segue a ser parada no seu itinerario hacia Santiago.  A día de hoxe, contando as reservas de xullo son xa 687 peregrinos os que pernoctaron en Silleda.

Un dos anos máis numerosos en canto a número de pernoctacións foi o 2010 cando 650 persoas durmiron  nunha soa noite en Silleda para asitir a un Encontro Europeo en Santiago.

 

Máis de 500 prazas hoteleiras

Dende o Concello lémbrase que ademais de disponer deste espazo municipal habilitado para grupos, o municipio conta cun albergue do Xacobeo na vila da Bandeira,-dende xullo de 2013, con 36 prazas- e outros establecementos declarados como albergues turísticos (Transfontao, Santa Olaia, Silleda, Gran Albergue Turístico e Fervenzaaventura).

En total o municipio de Silleda conta con 510 prazas hoteleiras, de diversa categoría para todo tipo de demandas.

Silleda ten  20 kilómetros  de Camiño cara a Compostela. Nun dos máis fermosos, segundo os peregrinos, o que discorre pola contorna do Pazo de Trasfontao está a igrexa de Santiago de Taboada

 aberta durante a temporada de verán e atendida por un guía,  para información e selado de credenciais.