Silleda, 10 de decembro de 2016. Dende a vindeira semana un total de 20 establecementos comerciais do municipio de Silleda repartirán nos produtos vendidos como agasallos para estas datas diversos lemas de Nadal en galego, ideados polos alumnos e alumnas de varios centros educativos.
Nesta edición participaron o CEIP Ramón de Valenzuela, CEIP de Silleda, IES Pintor Colmeiro e os nenos e nenas do Servizo Lúdico Educativo. En total aportaron 200 lemas de Nadal en galego que se convertirán en deseños adhesivos para colocar nos agasallos vendidos polo comercio local.
Silleda Agasalla botou a andar no ano 2014 da man da Concellería de Normalización Lingüística, en colaboración co comercio e os centros de ensino do municipio aos que dende o Concello se lles agradece a súa participación.