Silleda, 22 de outubro de 2025. O Concello de Silleda resultou beneficiario dunha subvención ao abeiro do Plan +Provincia 2025, liña 1 de Investimentos, da Deputación de Pontevedra, por un importe de 8.953,39 euros, destinada ao financiamento da actuación denominada “Subministración de elementos de protección, seguridade e mellora urbana”.
A través desta achega, o Concello acometerá a adquisición de diverso material para o Departamento de Obras, en concreto elementos de protección e seguridade viaria, así como xardineiras cunha dobre funcionalidade: por unha banda, contribuír á mellora estética da contorna urbana e, por outra, previr o estacionamento indebido en zonas peonís.
Estas actuacións teñen como obxectivo incrementar a seguridade diaria nas vías municipais, especialmente nas pistas rurais e en determinados puntos do núcleo urbano, mediante a instalación de sinais, espellos e xardineiras que favorezan unha circulación máis segura, unha mellor visibilidade e a recuperación do espazo público para o seu uso axeitado.
A subministración prevista inclúe:
-
58 metros de varandas de seguridade, que se instalarán en Parada, Camporrapado e Martixe
-
6 espellos de seguridade, para colocar en Silleda, Refoxos, Fiestras, Graba e Vilar
-
4 postes para espellos
-
Postes para sinais de 3 e 3,5 metros
-
Sinais de prohibido o paso, dirección obrigatoria e prohibido circular camións e autobuses
-
12 xardineiras, que se situarán na Avenida do Recinto Feiral e na Avenida Pérez Lázara
Dende o Concello de Silleda sublíñase a importancia deste tipo de investimentos, que permiten seguir mellorando a seguridade viaria e a ordenación dos espazos públicos no municipio.
