Silleda, 20 de xuño de 2016. Esta mañá procedeuse ao talado e a retirada de varios eucaliptos que estaban situados nun solar privado, anexo ás instalacións do CEIP de Silleda.
Estes traballos viñan sendo demandados polo Concello de Silleda dende hai tres anos, xa que as polas das árbores caían por enriba da cuberta do pavillón do colexio o que, ademais de ensuciala, provocaban un grande deterioro da mesma.
O edil de Obras e Servizos do Concello, Klaus Brey, e a súa homóloga de Educación, Pili Peón, desprazáronse a observar os traballos de tala e retirada das árbores, para os que foi necesario cortar a rúa Semana Verde, así como proceder á retirada do cableado tanto eléctrico, coma telefónico.