O departamento de Urbanismo incorporará tamén un enseñeiro nos próximos días
Elías González Roma tomou este martes posesión do cargo de arquitecto técnico municipal logo de moitos meses co departamento de Urbanismo semiparalizado pola marcha do arquitecto titular.
O novo arquitecto técnico, natural de Cambados, foi o único aspirante que superou a oposición para unha praza de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, destinada a cubrir a xubilación do anterior titular.
A este proceso selectivo, para dotar de máis persoal á Concellería de Urbanismo, súmase tamén o proceso aberto para cubrir unha praza de enxeñaría, de nova creación na Relación de Postos de traballo. Está previsto que nuns días tome posesión.
Durante o proceso selectivo, tanto para arquitecto técnico como para enxeñeiro, contouse coa colaboración da Deputación de Pontevedra ao completarse o tribunal con técnicas provinciais.
“Estamos nun momento importantísimo do noso desenvolvemento urbanístico, co PXOM recén aprobado, polo que é imprescindible que este departamento conte con persoal cualificado”, sinalou a alcaldesa, Paula Fernández. Lembrou tamén que nos últimos meses, ante a falta de técnicos, “as licencias que se concederon como a de Culinaria ou a do Velatorio de Bandeira, fixéronse no marco da lei de emprendemento da Xunta a través de ECCOM , ou grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, como é o caso de Plenoil”.