Silleda, 12 de decembro de 2013. O equipo de operarios do departamento municipal de Servizos do Concello de Silleda iniciou esta semana traballos de bacheo na pista central da parroquia de Abades, a Piñeiro. Os traballos comezaron nas inmediación da igrexa parroquial e continuarán ata chegar á ponte que atravesa a vía do tren, xa na parroquia de Piñeiro. O concelleiro de Medio Rural e Servizos, Klaus Brey, visitou os lugar dos traballos que se agarda ter rematados nos vindeiros días.
“Con esta actuación faremos unha reparación puntual desta via, a principal da parroquia, que contaba con numerosos baches nalgúns tramos”, sinala Brey. Esta actuación foi solicitada en semanas pasadas por veciños da localidade.
O concelleiro de Medio Rural avanza que nas vindeiras semanas tamén está previsto iniciar traballos de mellora noutros viais do rural silledense.