Silleda, 21 de decembro de 2019. A Concellería de Comercio de Silleda fixo no día de onte entrega dos diplomas que acreditan os premios e mencións especiais Da XX edición do Concurso de Escaparates do Concello de Silleda.
Con xa vinte anos de existencia e de recoñecemento o Xurado calificador estivo presidido pola Concelleira de Comercio, Pili Péon e composto por alumnos e profesoras do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do Instituto silledense Pintor Colmeiro.
O Tribunal, que fixo ata tres visitas, pola mañá, tarde e noite dictaminou que que fose o Estudio Fotográfico Vacaloura que acadase a maior puntuación para levar o 1º Premio consistente en Diploma e 200 euros, outorgado polo Concello de Silleda. Este establecemento xa recibiu un accésit o pasado ano.
Obtivo o segundo premio a Orixinalidade e Innovación a Optica Silva, un establecemento, xa recoñecido doutras ocasións que agradece ese galardón cando das mans dos seus empregados sae tal traballo. A súa retribución de 150 – euros e diploma é outorgado da xentileza do Hotel Vía Argentum.
En tercer lugar tivo a concesión do terceiro premio que distingue ao escaparate máis orixinal con exposición de produto outro habitual da decoración persoal do autor, a Floritería Carmiña. Este premio consistente en diploma e 150 euros, é concedido pola Estación de Servizo de Silleda.
A novidade deste exercicio 2019, que chega os seus vinte anos, estriba na dificultade para a concesión de galardóns. Como indica a concelleira Pili Péon “ É tanta a calidade dos escaparates que habería de darlles un premio especial a todos”, indicando que “en todos eles se aprecia, moita creatividade e espíritu do Nadal”
Por eso o Tribunal decidiu conceder cinco mencións especiais Así acordou outorgar as seguintes mencións especiais: Optica Titanium pola orixinalidade do “Calendario de Adviento” e a música ambiental; Pinturas A Fervenza, polo Uso de produtos da Terra na súa confección; Marbelis como testimuña da súa Composición do Conxunto; Eyo Flor, polo Mellor Ambiente Temático e finalmente unha quinta mención ao Establecemento Pellets, pola Estética do seu Conxunto,
A concelleira de Comercio visitou o día 20 os oito locais premiados para a entrega dos diplomas que acreditan tal merecemento. Os galardóns dos tres primeiros premios, serán entregados ás 12:00 horas, o día 3 de xaneiro de 2020 na Sala de Xuntas do Concello.
Na convocatoria deste ano 2019 participaron un total de 60 establecementos con decoración sendo preseleccionados para a súa calificación 28, un bo número dadas a circunstancias actuáis.