XIV DÍA DA MÚSICA 2023 BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA  “DE PELÍCULA”. PROGRAMACIÓN E HORARIOS

XIV DÍA DA MÚSICA 2023

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA

 “DE PELÍCULA”

 No ano 1982, o daquela ministro de cultura do noso país veciño, Francia, decidiu crear unha festa na que a música saíse á rúa. Máis tarde converteuse nun evento a nivel europeo e internacional, celebrándose na actualidade en máis de 100 países.

O 21 de xuño ten lugar o solsticio de verán, unha data sinalada sobre todo para os países do Norte de Europa, impregnada dun carácter máxico. É o día no que o Sol se deixa ver durante máis tempo e, por iso, ao longo da historia se realizaron unha serie de rituais relacionados sobre todo coa fertilidade e co sentido de pedir desexos cumpridos. Aproveitando este día, instaurouse, primeiro en Francia, o Día Internacional da Música, data na que cada ano a música sae á rúa para ser escoitada en todos os lugares do mundo.

No noso país son moitos os actos que ano tras ano se celebran para conmemorar este día. Do mesmo xeito que os anos precedentes (“Grandes Clásicos», “Jazzilleando”, “Rockasilleando”, “Cubasilledando”, “Folksilleando”, “Sudamericasilleando”….a Asociación Cultural Banda de Música de Silleda, quérese unirse cunha serie de actividades, que este ano, van estar centradas nunha linguaxe atractiva, tanto para os integrantes da asociación, educandos e toda persoa afeccionada.

 OS OBXECTIVOS

 

  1. Introducir ós máis novos nesta nova linguaxe dun xeito divertido e interactivo como é o xogo.

 

  1. Fomentar a cultura musical entre a sociedade a través de concertos didácticos.

 

  1. Desfrutar e gozar da música coa audición das obras musicais.

 

  1. Familiarizarse cos instrumentos máis característicos desta música, as súas diferentes correntes, os seus ritmos es as harmonías máis características.

 

  1. Coñecer os diferentes instrumentos que forman a banda de música, que función desempeñan dentro do grupo e o seu funcionamento básico.

 

  1. Apreciar o valor que ten a música como arte ligada ás sensacións e ás emocións.

 

  1. Participar en actividades musicais fóra dos sitios destinados a estas (auditorios, escolas de música,…) co fin facer achegar esta arte a todo o público.

 

  1. Aprender a utilizar de xeito básico a linguaxe universal da música a través da lecto-escritura, a interpretación vocal e instrumental a danza e a improvisación, co fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión.

 

  1. Coñecer e utilizar con actitude crítica os principais recursos musicais que nos ofrece a Asociación como medio para gozar do tempo de ocio e tamén para o estud

 

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

 

 

10.30 h. – Pasarrúas pola vila de Silleda.

 

11:30 h. – Xogos e obradoiros para nenos relacionados coa temática.

 

12:45 h. – Promoción e degustación da Festa do Lacón.

 

13:15 – Concerto didáctico da Banda Infantil e Xuvenil EMUSI “Os xéneros literarios”.

 

14:00 – Xantar campestre.

 

17:45 – Festival de Fin de Curso EMUSI: “A mellor BSO de animación da historia”

 

19:30 h – Concerto do BMMS con Jesús Arenas “No te montes películas”.

 

21:30 h – Cea de irmandade.

Menú: Empanada, churrasco mixto, pan, viño, refrescos, postre e café.

Prezo: Nenos ata 5 anos – 5,00 € // Nenos de 6 a 10 anos – 10,00 € // A partir de 10 anos – 20,00 €

Último día para recollida de tickets o xoves 22 de xuño

 

00.30 horas – Espectáculo – conxuro da queimada e actuación da charanga BB+.

 

01.30 horas – Verbena con DJ Sanse.