Volta o certame Silledagasalla cos lemas de Nadal en galego aportados polo alumnado

Silleda, 4 de decembro de 2019. O Concello de Silleda organiza a sexta edición de Silledagasalla, un certame que ven colleitando moito éxito  dentro da campaña de Nadal.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño,  en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda.

Con este certame, para o fomento da lingua galega elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.

Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas serán logo editados polo Concello de Silleda, convertíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda que o solicitaron, e que se entregarán a vindeira semana  para a decoración dos agasallos de Nadal.

Dende a Concellería de Normalización Lingüística  agradécese a partiripación do CEIP Ramón de Valenzuela e o CPR María Inmaculada, que este ano participaron na confección dos lemas.