Volve a promoción para silledenses en establecementos de Barceló en Canarias

 

Silleda, 5 de xaneiro de 2013. A cadena hoteleira Barceló repite a campaña iniciada o pasado ano para ofertar a todos os veciños e veciñas de Silleda estancias con descontos en establecementos das Illas Canarias. A promoción volve realizarse en colaboración coa axencia de viaxes silledense Touristurs, onde poden informarse e facer as súas reservas todos aqueles que desexen acollerse a esta oferta.

O silledense Pablo Ojea, xefe de ventas da cadea hoteleira en Canarias, explica que este ano a oferta chega máis focalizada logo de ver as preferencias dos clientes durante o ano pasado, con Tenerife como destino preferente e optando por apartamentos con boa relación calidade-prezo. Con acreditar que un é veciño/a de Silleda, terá o 10 % de desconto nos apartamentos de Barceló Varadero (Tenerife), dende 39€ en Todo Incluido (prezo por persoa e día, con IVE incluido, para clientes residentes en Silleda).

Primeiro neno, gratis

Ademais, a promoción, que continuará ao longo de todo este ano 2013, realizase en colaboración coa axencia de viaxes Turistours, sita na rúa Progreso número 5 de Silleda. Conta ademais coa oferta de gratuidade para o primeiro neno/a.

O xefe de ventas de Barceló Hotels & Resorts en Canarias, o sillendese Pablo Ojea, e a administradora da axencia, María Corral, asinaron no ano 2012 por mediación do Concello de Silleda un convenio polo que os veciños do municipio se poderán beneficiar de descontos. “Agora Barceló volve renovar o seu compromiso cos silledenses”, sinala Pablo Ojea. María Corral, agradece á cadea hoteleira “que nos dé opción de poder presentar aos silledenses oportunidades coma esta”, e destaca que a promoción é unha boa forma de incentivar, sobre todo ás familias a realizar escapadas con esta oferta. Os interesados en disfrutar da promoción deben achegarse ata a axencia de viaxes, -que vén de reabrir as súas portas diversificando a súa oferta tamén con correduría de seguros- e acreditar con documentos que están empradronados no municipio.

O concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, agradeceu a Barceló e a Touristurs a renovación desta iniciativa, “cunha oferta moi competitiva”. “Ogallá xurdan máis ofertas deste tipo para promocionar e dar valor ao feito de ser silledenses” engadiu.