-A concellería de Normalización Lingüística abre o vindeiro luns día 18 o prazo para participar, que se extende ata o 13 de maio. Haberá dúas categorías e o premio será unha tablet e vales de compra para os gañadores
Silleda, 11 de abril de 2022. A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos. O certame, que se vén celebrando xa dende hai 10 anos, está dirixido a todas as persoas maiores de 6 anos que estén empadroadas en Silleda.
Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de 6 a 12 anos e de 13 anos en adiante. O lema deste ano é “A Paz” e o xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego.
Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras). Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…).
Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro muncipal.
O prazo ábrese o vindeiro luns día 18 de abril e rematará o vindeiro 13 de maio..
Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio unha tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 euros para canxear en comercios do municipio de Silleda. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en establecementos do municipio.
O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística. O fallo darase a coñecer ao longo do mes de maio. “O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira.
As bases do certame así coma o anexo poden consultarse a continuación: