As solicitudes para as quendas, comprendidas entre os meses de decembro e maio, poden realizarse ata o vindeiro día 15 de maio
O programa de Termalismo Social do Imserso abriu o prazo este luns 9 de decembro para a reserva de prazas para o vindeiro ano. O prazo de presentación de reservas rematará o vindeiro xoves 15 de maio de 2025.
As inscricións para participar no programa, que se desenvolverá dende decembro de 2024 ata maio de 2025, deben formalizarse no departamento de Servizos Sociais. A adxudicación das prazas efectúase de acordo coa puntuación obtida nos expedientes, tendo en conta os balnearios e as quendas solicitadas.
Todos aqueles que desexen anotarse ou recibir máis información poden dirixirse ás dependencias de Benestar Social, sitas no Concello de Silleda (986 59 20 37).