Silleda, 10 de setembro de 2019. As Escolas Deportivas Municipais de Silleda 2019-2020 contarán este ano cun total de 18 modalidades. Dende mañá mércores día 11 xa se poden formalizar as inscricións na Casa da Xuventude, en horario de 16:00 a 20:00 horas, de martes a sábado.
Así, a oferta estará composta por actividades para todas as idades. Así haberá : Patinaxe (a partir de 4 anos), Ioga, Kung-Fu, Ximnasia de mantemento (para os maiores), Pilates, Aerobic Step, Zumba Fitness, Zumba Kids, Bailes de salón, Tiro con Arco, Xadrez, Natación (a partir dos 3 anos), Aquagym, Hipopresivos e Ximnasia artística.
Incorpóranse tamén á oferta o Futbol Sala, con sesións que impartirá o Santiago Futsal no pavillón da Bandeira, e o baloncesto, que volta xa a partir do vindeiro martes día 17 da man das escolas do Obradoiro CAB.
Entre as novidades figura ciclismo, que se impartirá a través do Club Ciclista Estradense. Ofértase para tres grupos de idade: Chupetes (de 0 a 5), para alumnos/as de Primaria e para alumnado da ESO.
Así mesmo, as escolas incluen tamén outra actividades para os máis pequenos da casa: Multideporte, con diversas disciplinas orientadas a nenos e nenas ata os 5 anos de idade, nas que se traballará conceptos como a psicomotricidade, e se abordarán distintas disciplinas deportivas. A maioría das actividades comezarán a impartirse en outubro. Os interesados en obter información e anotarse deben facelo a partir de mañá na na Casa da Xuventude .
Para a realización dos cursos debe de haber un mínimo de 14 alumnos/as.
A concelleira de Deportes, Mónica González, destaca que este ano “mantense, dado o éxito dos últimos anos, a oferta de actividades, ampliando con outras novas e coa intención de consolidar disciplinas coma o baloncesto”. A oferta difundirase, como vén sendo habitual nos últimos anos, nos centros escolares, informando tamén dos horarios e lugares previstos, e prezo das actividades entre outros.
Natación e patinaxe
Na lista de actividades figuran natación e Aquagym, para o que se renovará o convenio entre o Concello de Silleda e o Hotel Vía Argentum para a celebración destas dúas modalidades na piscina do complexo hoteleiro.
No caso de patinaxe, unha das escolas máis numerosas con máis de 130 alumnos o pasado curso, as inscripcións son restrixindas ao ter preferencia os participantes de anos anteriores.
Reunión baloncesto o martes
Por outra banda os entrenos de baloncesto, que se imparte a través da Fundación Heracles e das Escolas deportivas do Obradoiro, arrancarán xa este martes día 17 no pavillón de Silleda. Ese mesmo día, ás 17:30 convocarase aos pais/nais dos participantes a unha reunión no pavillón á que acudirán os adestradores e o responsable das Escolas deportivas do Obradoiro CAB, para abordar cuestións relacionadas cos horarios e a formación de equipos federados para esta tempada.
Neste caso abriuse xa a inscrición a principios de mes, dado que o obxectivo é federar equipos de distintas categorías para poder iniciar a competición o vindeiro mes de outubro.
Dende o departamento municipal de Deportes xa se comezou a avisar aos participantes inscritos. Neste caso as inscricións de baloncesto tamén se seguirán recollendo na Casa da Xuventude.