ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE UN/UNHA ADMINISTRATIVO/A COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA SUSTITUIR Á SÚA TITULAR QUE SE ENCONTRA EN BAIXA POR ILT.
A presente convocatoria publicase íntegra na páxina web do Concello de Silleda (www.silleda.gal) e no Taboleiro de Anuncios do Concello.
Serán funcións a desempeñar polo/a contratado/a as previstas na vixente lexislación, así como as que lle poidan encomendar a Alcaldía e os concelleiros/as delegados/as que garden relación coa súa función principal: ADMINISTRATIVO. GRUPO C. SUBGRUPO C1
SOLICITUDES:
Os/as que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar instancia dirixida o Sr. Alcalde-Presidente (según modelo que figura como ANEXO I das bases) . Deberá acompañarse copia compulsada do DNI ou, no seu caso, de documento equivalente expedido pola autoridade competente, así como copia compulsada da titulación exixida nas bases. Igualmente aportarase (se é o caso) a acreditación de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo)
O prazo de presentación de solicitudes será de 6 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto do anuncio da convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Silleda, en horario de 9 a 14 horas en días laborables. Si o último día coincide en domingo ou festivo prorrogarase ao día seguinte hábil.
Cando se envíen as proposicións por correo, o solicitante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Secretaría do Concello de Silleda a remisión da solicitude o mesmo día mediante un télex, fax ou telegrama que consigne o número de expediente, o título completo do obxecto da convocatoria e o nome do/a candidato/a.
- BASES PARA A CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVO SERVIZOS SOCIAIS
- Resolución_DECRETO 2019-0654 [00 – Decreto admitidos e probas seleccion](1)