ANUNCIO DE LICITACIÓN
Licitación do contrato de xestión e explotación da Cafetería-Bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA.
OBXECTO DO CONTRATO: o contrato ten por obxecto adxudicar a xestión e explotación da Cafetería-bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA, ocupando a planta baixa do Centro Social dos Maiores de Silleda, sito en r/ Chousa Nova, nº67.
TIPO DE LICITACIÓN: prezo base de licitación establécese en 365,00 € anuais (30,41 euros mensuais) máis IVE, mellorables a alza.
PRAZO DE CONCESIÓN: 2 anos, prorrogables anualmente ata un máximo de CATRO.
ADXUDICACIÓN: procedemento negociado.
PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de 15 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Perfil do Contratante ou no Faro de Vigo (contando desde a súa publicación). (A publicación deste anuncio realizouse o 16 de xuño de 2014, polo que o prazo remata o 1 de xullo)
DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: perfil municipal do contratante Concello de SILLEDA, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación. Igualmente na Secretaría Municipal.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe.
.
GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
Outras informacións: véxase o prego de claúsulas administrativas.
SILLEDA, 11 de Xuño de 2014.
O ALCALDE
Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez