ANUNCIO: LICITACIÓN SERVIZO CAFETERÍA-BAR NO CENTRO SOCIAL DOS MAIORES DE SILLEDA

 

ANUNCIO   DE    LICITACIÓN

 

Licitación do contrato de xestión e explotación da Cafetería-Bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA.

 

OBXECTO DO CONTRATO: o contrato ten por obxecto adxudicar a xestión e explotación da Cafetería-bar do Centro Municipal de Maiores de SILLEDA, ocupando a planta baixa do Centro Social dos Maiores de Silleda, sito en r/Chousa Nova, nº67.

 

TIPO DE LICITACIÓN: prezo base de licitación establécese en 1,00 € anual, máis IVE, mellorables a alza.

 

PRAZO DE CONCESIÓN: 2  anos, prorrogables anualmente ata un máximo de CATRO.

 

ADXUDICACIÓN: procedemento negociado.

 

PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello  dentro do prazo de 10 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Perfil do Contratante ou no Faro de Vigo (contando desde a súa publicación).

 

DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: perfil municipal do contratante Concello de SILLEDA, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación. Igualmente na Secretaría Municipal e no Centro Social.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no  prego de cláusulas administrativas.

 

GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe.

.

GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

 

Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

 

SILLEDA, 30 de Setembro de 2015.

 

O ALCALDE

 

Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez