ANUNCIO: LICITACIÓN SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

 

ANUNCIO   DE    LICITACIÓN

 

Licitación do contrato de xestión do servizo público de recollida e

transporte de residuos sólidos urbanos, coa exclusión

de papel, cartón, vidro, enseres e voluminosos,  do concello de SILLEDA.

 

 

OBXECTO e procedemento de adxudicación: Concesión administrativa do

servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, coa exclusión

de papel, cartón, vidro, enseres e voluminosos,  do concello de SILLEDA, mediante

procedemento aberto con multiplicidade de factores.

 

TIPO DE LICITACIÓN: tipo máximo de licitación, 210.000 € anuais, 17.500 € mensuais, IVE incluído.

 

PRAZO DE CONCESIÓN: prazo de CATRO ANOS, prorrogables.

 

ADXUDICACIÓN: procedemento aberto con multiplicidade de factores e trámite

normal.

 

PROPOSICIÓNS: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello  dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no B.O.P. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda.

 

DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN: os sinalados no  prego de cláusulas administrativas.

 

GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo

anual de adxudicación, IVE excluído.

 

Revisión de prezos: Segundo se establece no prego de cláusulas administrativas.

 

GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

 

Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

 

SILLEDA, 2 de Decembro de 2014.

 

 

O ALCALDE

Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez