O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicou o 24 de maio de 2017 o seguinte anuncio de licitación para a dotación de herba sintética no Campo de Fútbol de A Gandareira-Bandeira. Fase I. No arquivo adxunto figura o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.
ANUNCIO DE LICITACIÓN
Licitación do contrato de “DOTACIÓN DE HERBA SINTÉTICA CAMPO DE FÚTBOL A GANDAREIRA-BANDEIRA. FASE I”, do concello de SILLEDA.
1.—OBXECTO e procedemento de adxudicación:
O obxecto do contrato é a realización das obras consistentes na dotación de herba artificial no campo de futbol referido, cuxa codificación é CPV-2008: 39293300-5 Herba artificial, todo elo segundo proxectos básico e de execución redactados polo arquitecto Abraham Castro Neira
O contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obras tal e como establece o artigo 6 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, Real Decreto Lexislativo 3/2011.
A obra está subvencionada ao 100 %, polo que o adxudicatario colocará un cartel publicitario durante a execución do proxecto, e logo da súa finalización, unha placa explicativa permanente nos que se aprecie que as actuacións contan co financiamento da Deputación de Pontevedra.
2.—TIPO DE LICITACIÓN:
O importe do presente contrato ascende á contía de 362.626,50 euros ao que se engadirá o Imposto sobre o Valor Engadido por valor de 76.151,57 euros, o que supón un total de 438.778,07 euros.
3.—ADXUDICACIÓN:
rocedemento aberto con multiplicidade de factores e trámite normal.
4.—PRAZO:
O prazo de execución das obras será de 4 meses a contar desde a acta de comprobación do replanto.
5.—PROPOSICIÓNS:
Os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de 26 días naturais, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no BOP e Perfil do Contratante. Tamén se anunciará na Plataforma de Contratación do Estado. As Bases e demais trámites se publicarán no Perfil do Contratante do Concello de Silleda ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web: www.silleda.es
6.—DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN:
Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.
7.—CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
8.—GARANTÍA PROVISIONAL:
Non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo anual de adxudicación, IVE excluído.
9.—Revisión de prezos:
Segundo se establece no prego de cláusulas administrativas.
10.-GASTOS DE ANUNCIOS:
O gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.
11.-Outras informacións:
Véxase o prego de cláusulas administrativas publicado no Perfil do Contratante.
Lugar presentación: Concello de Silleda. Rúa Trasdeza nº 55. 36540 SILLEDA (Pontevedra) Fax: 986 581021. Tfno.: 986 58 00 00. E-mail: rosa.garcia@silleda.es
SILLEDA, 5 de Maio de 2017.
O ALCALDE
Asdo.: Manuel Cuiña Fernandez