Punto de Información Catastral (PIC)

Silleda dispón dun Punto de Información Catastral (PIC), unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro, na que a cidadanía pode acceder á información catastral. Nestas dependencias poden realizarse os seguintes servizos:

 

  • Información de carácter xeneral e particular de inmobles
  • Asesoramento sobre obrigas co Catastro
  • Notificación por comparecencia en procedementos catastrais
  • Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio/a solicitante.