O programa municipal Silleda Solidaria pon en marcha o banco de libros de texto, unha das actuacións que integran esta rede de axuda ás familias máis necesitadas. A iniciativa actívase coa recollida de libros de texto de todos os centros escolares do municipio.
Así todas aquelas persoas que desexen donar os libros de texto deste último curso poden achegarse ata o Centro Social de Silleda para realizar a entrega. Logo, dende Silleda Solidaria coordinarase a entrega dos mesmos a todas aquelas familias que o precisen, de cara ao vindeiro curso, cun reparto que se realizará sempre dende unha perspectiva social.
No caso de que algúns exemplares entregados non teñan saída a través deste programa, serán remitidos aos centros escolares que disponen xa de bancos de préstamo de libros propio. A partir de mañá poderá consultarse na web municipal, no apartado de Silleda Solidaria, o listado de libros que se recollerán no Centro Social.
Esta iniciativa vén a complementar outras da rede de axuda municipal coma a recollida de material escolar, iniciada hai varios meses tanto nos centros educativos como nas librarías de Silleda e A Bandeira. Este material tamén se segue a recoller no Centro Social de Silleda, onde se atopan o departamento de Servizos Sociais dende onde se coordina o programa solidario.
Consulta nos seguintes arquivos adxuntos o listado de libros de Infantil e Primaria: