Dende o programa Silleda Solidaria apelamos á vosa colaboración para facer acopio no banco de alimentos. Nestas vísperas de Nadal procederase ao reparto de produtos entregados nas campañas realizadas nos supermercados de Silleda e da Bandeira, e na promovida pola Escola de Música, entre outros
Para complementar os produtos que temos, dende Servizos Sociais pensamos noutros coma ovos, lácteos (queixos, por exemplo) ou embutidos ou derivados da matanza, tendo en conta que estamos en datas típicas destas labouras.