As Festas de Verán da Bandeira comezan o xoves día 15 de agosto coa celebración, a partir das 22.00 horas, do XV Bandeirock. O certame terá este ano un carácter solidario, xa que dende a organización se recollerán alimentos non perecedeiros para entregar ao Banco de Alimentos do programa Silleda Solidaria, que logo se repartirán entre as familias con menos recursos do municipio. Así, os asistentes deberán levar un kilo de produtos non perecedeiros.
Dende o programa Silleda Solidaria agradecese este fermoso xesto por parte da organización do concerto, unha acción que axudará a moitas persoas que o precisan. Ademais, para todos aqueles que teñan pensado asistir, dende o Banco de Alimentos advírtese que o que máis se precisa nestes momentos son produtos coma leite, aceite, galletas ou conservas.