Grazas a BTT Trasdeza por organizar esta ruta solidaria!!!
O vindeiro domingo 27 de abril celebrase a Quedada Solidaria en BTT organizada por BTT Trasdeza. Os participantes deben de acudir cun kilo de alimentos non perecedeiros que serán entregados ao Banco de Alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.
A ruta terá 40 kilómetros e unha dificultade media alta. Os dorsais entregaranse a partir das 08.15 horas no pavillón municipal César G. Fares de Silleda e a saía será ás 08.30 dende a praza da Igrexa de Silleda.
As inscripcións poden realizarse na web www.silicondt.com. Máis información no teléfono 660 550891.
Ao remate celebrase un xantar no restaurante Pino, en Chapa. Os que queira participar deben abonar 15 euros cando retiren o seu dorsal.