Nesta bolsa de contratación os/as demandantes de emprego poden deixar os seus currículums e ao mesmo tempo as empresas locais buscar persoal con perfís adaptados ás suas necesidades.
Ademais de realizar a inscrición nas dependencias municipais da Concellería de Emprego, sitas na rúa Alfonso Trabazo número 3-Primeiro Andar, as persoas interesadas en anotarse no programa municipal como demandantes de emprego poden cubrir on-line o formulario. Despois de cumprimentalo, hai que remitilo a emprego@silleda.es.
