Concellerías

 

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, é a responsable municipal das áreas de  Réxime Interior. Este departamento tamén é o encargado de cuestións relacionadas co tráfico e a seguridade cidadá, ademais de coordinar a xestión de Fondos Europeos, os grandes proxectos e o control das obras doutras Administracións Públicas (Deputación, Xunta, Unión Europea…), entre outras asignacións. Fernández Pena é tamén a responsable da área  de Xestión Urbanística do concello.

 

Manuel Requeijo Rey, concelleiro do grupo de goberno dende xaneiro de 2024, é o responsable das áreas de Transición Ecolóxica, na que se inclúe a xestión medioambiental, así como de accións relacionadas co Reto Demográfico, desenvolvendo distintas actuacións para fixar poboación no municipio.

Mónica González Conde, primeira tenenta de Alcaldesa, é a responsable desta área de goberno na que se inclúen distintos departamentos con políticas vinculadas directamente á xestión social e á cidadanía, no ámbito da dinamización no plano cultural, deportivo e de participación. A promoción da cultura do deporte, a mellora das instalacións existentes así como a súa organización, a xestión das escolas deportivas tamén están dentros das atribucións desta área, xunto ás responsabilidades do Gabinete de Comunicación.

Ademais, suma accións no ámbito do Turismo, Mocidade, Voluntariado, Normalización Lingüística e Participación Cidadá. En canto ás cuestións relativas á Xuventude, as liñas de actuación son a organización de iniciativas de cara a informar a mocidade e promover a súa participación en distintos niveis e programas. Dende o departamento de Normalización Lingüística, deféndese a idea de que a principal manifestación de identidade dun pobo é a súa lingua, polo que se promove e se garante o uso do galego en todos os planos da vida pública.

Ángela Troitiño Gil  é a concelleira encargada destas áreas.

Benestar Social, atención personalizada á veciñanza do municipio, xestionando todo o relativo aos servizos sociais. Entre as atribucións desta Concellería atopamos as políticas de benestar: o servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a atención a maiores, persoas con discapacidade e poboación con menos recursos, entre outras. Tamén cabe resaltar o programa Silleda Solidaria, unha rede de axuda baseada nos principios de cooperación, intercambio e solidariedade contando coas asociacións do municipio e as empresas e entidades interesadas en colaborar.

Igualdade, coa xestión do Centro de Información á Muller (CIM) que desenvolve accións encamiñadas á prevención do maltrato e ao traballo pola igualdade real e efectiva.

Eduación, relacións coa comunidade educativa, onde realiza unha labor de dinamización propoñendo diferentes actividades lúdico educativas ao mesmo tempo que procura a mellora dos centros de ensino con diversas intervencións nos CEIPs do municipio.

Esta concellería está dirixida por Asunción García Hernández. O departamento do rural abrangue distintas áreas nas que o obxectivo é traballar pola mellora da calidade de vida da veciñanza das parroquias a varios niveis. Así, ademais do apoio ao sector agrogandeiro (con iniciativas, entre outras, como a bonificación do ICIO ás explotacións de nova construcción ou as que se amplíen), a concellería está a traballar pola mellora na cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT), o acceso a Internet no rural ou o arranxo e protección do patrimonio etnográfico.