Normalización Lingüística

O departamento de Normalización Lingüística organiza distintas actividades e certames para o fomento e promoción da nosa língua, en colaboración con institucións coma a Deputación de Pontevedra. Entre as actividades realizadas destacan:

  • Aloumiños en galego.
  • Concurso de Microrrelatos
  • Concurso de cómic
  • Silleda Agasalla
  • Obras de teatro, cine e outras actividades lúdicas e culturais.

O Concello de Silleda forma tamén parte da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

V Concurso de Cómic da Biblioteca Municipal Daniel Castelao

BASES PARA A CONCESIÓN DE PREMIOS DO V CONCURSO DE CÓMIC BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DANIEL CASTELAO, DO CONCELLO DE SILLEDA

 

Primeira: OBXECTO

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de premios polo deseño de cómics, que traballen a temática de ‘A RECICLAXE’.

 

Segunda: PARTICIPANTES

Poderán participar, de xeito individual ou por parellas, o alumnado dos centros de ensino do Concello de Silleda de educación primaria e secundaria (ESO).

 

Terceira: FORMATO

A obra será orixinal, en branco e negro ou en cor realizada con técnica libre e en lingua galega. O formato será único, DIN A-3, dobrado pola metade para obter 4 páxinas.

 

Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Silleda nun sobre pechado, que irá acompañado da folla de inscrición (anexo 1), onde aparecerá:

 

  • Título do traballo
  • Nome dos/das autores/as
  • Curso ao que pertencen
  • Nome do centro de ensino

Ademáis, tamén deberá acompañarse do impreso de protección de datos asinado pola nai/pai/titor/titora do/a alumno/a.

Os traballos que non cumpran estes requisitos non poderán participar no  concurso.

Cada participante ou parella só poderá presentar un único traballo.

 

Cuarta: PRAZO

O prazo de presentación dos traballos comezo o día seguinte á publicación destas bases na páxina web do Concello de Silleda e rematará o 3 de abril de 2020.

O lugar de presentación será o Rexistro Xeral do Concello de Silleda, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h.

 

A concesión de premios notificarase aos/ás  beneficiarios/as e publicarase na páxina web do Concello de Silleda e nos medios de comunicación locais.

 

Quinta: EXPOSICIÓN

Farase unha exposición, con todas as obras participantes, na Biblioteca Municipal Daniel Castelao e igualmente subiranse ás redes sociais do Concello e á páxina web.

Ao finalizar a exposición devolveranse os orixinais, excepto os premiados que quedarán en poder da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda e poderán ser editados.

 

Sexta: PREMIOS

Establécense dúas categorías:

 

Categoría 1_Educación primaria

  • Mellor cómic_ Un smartwhatch para cada un/ha dos/as autores/as, e 100 € en metálico para o centro.
  • Mellor ilustración_ Un lote de cómics para cada un/ha dos/as autores/as e 75 € en metálico para o centro.

 

Categoría 2_ Educación Secundaria Obrigatoria

  • Mellor cómic_ Un smartwhatch para cada un/ha dos/as autores/as, e 100 € en metálico para o centro.
  • Mellor ilustración_ Un lote de cómics para cada un/ha dos/as autores/as e 75 € en metálico para o centro.

 

Os premios en metálico aos centros serán destinados como achega para as excursións fin de ciclo, entendéndose 6º de Primaria e 4º da ESO, dos Centros de ensino. Se nin os centros educativos nin as ANPAS organizasen as aneteditas viaxes destinarán o premio ás actividades que estimen.

 

Sétima: XURADO

O xurado estará composto por persoas vencelladas á Biblioteca, ao mundo da cultura local, e por un/ha técnico/a municipal. Enviarase a proposta de concesión á Xunta de Goberno Local, sendo este o órgano competente para a súa concesión.

A decisión do xurado darase a coñecer antes do día 8 de maio.

 

Oitava: OUTRAS DISPOSICIÓNS

A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases.

Calquera feito non previsto nestas bases, ou dúbida sobre a interpretación das mesmas resolverase a criterio da Concellería de Educación do Concello de Silleda.

 

Silleda, 07 de febreiro de 2020.

Manuel Cuíña Fernández

Alcalde de Silleda