PROGRAMA SILLEDA ACTIVA
O Concello de Silleda puxo en marcha no ano 2012 o programa Silleda Activa, para ampliar a oferta de actividades destinadas ao colectivo de maiores, unha iniciativa coa que botaba tamén a andar o Club do Centro Social dos Maiores.
O programa Silleda Activa, que coordina a Concellería de Benestar Social, conta cunha variada oferta para os veciños e veciñas maiores de 65 anos ou pensionistas, que non só resultan beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes, ademais que mellora a autoestima, as funcións intelectuais e as relacións sociais.
Esta é a primeira aposta do Club do Centro Social dos Maiores, co que se busca dinamizar os dous centros de maiores de Silleda e A Bandeira. Os socios e socias do clube terán vantaxes e descontos nas actividades municipais, na cafetería dos dous centros e tamén en distintos establecementos como ópticas, herboristerías, ortopedias, parafarmacias ou clínicas dentais, entre outros, do municipio, potenciando ademais o comercio local.
Co programa Silleda Activa búscase diversificar a oferta para os maiores de Silleda, con accións non só atractivas, senon que resulten beneficiosas para mellorar a súa actividade física, mental ou as súas aptitudes, máis aló das xa clásicas comidas e festas: Magosto, Xantar de Nadal, Ensaio de fin de ano, Festa de namorar e Festa da primaveira.
O Club do Centro Social dos Maiores de Silleda concentra unha completa e variada oferta de actividades dirixidas ao colectivo da terceira idade. Os socios dispoñen dun carné co que teñen dereito a disfrutar de descontos tanto en actividades municipais como en distintos establecementos do municipio. Esta iniciativa buscou a colaboración do comercio local.
Ademais, véñense realizando distintas actividades:
Ximnasia de mantemento
Celébrase os martes e xoves dende outubro ata maio nas instalacións do Centro Social dos Maiores de Silleda. Con actividade física de mantemento específica para o colectivo de maiores. Sabemos que o exercicio é un antidepresivo, un antiestrés e mellora o estado de ánimo das persoas.
Musicoterapia xerontolóxica
O uso da música e/ou elementos musicais por un terapeuta cualificado cun cliente ou grupo, nun proceso dirixido a facilitar e promover a comunicación, as relacións, a aprendizaxe, a movilización e outros obxectivos terapéuticos relevantes, co fin de suplir necesidades de tipo físico, emocional, mental, social e cognitivo. Ten como finalidade desenvolver potenciais e/ou restaurar funcións do individuo de forma que poida conseguir unha integración tanto intra como interpersonal e, como consecuencia unha mellor calidade de vida a través da prevención, a rehabilitación ou o tratamento.
Arte terapéutica
Actividades de creación artística cos que se traballan aspectos manipulativos, á vez que creativos e imaginativos que reforcen tamén o movemento físico e axilidade mental, baixo este concepto nacen os obradoiros de Traballo coas mans e o de Pintura.
Alfabetización dixital
Co obxectivo de que os maiores poidan acadar un mellor nivel formativo nos campos da lecto-escritura ou no coñecemento das novas tecnoloxías, sacando maior rendemento, puxéronse en marcha obradoiros como Accendo o ordenador de informática e internet ou Divírtome co móbil onde aprendemos no manexo de móbiles para poder sacarlle partido a todas as súas aplicacións.
Obradoiros de memoria
A oferta inclue tamén obradoiros de memoria para fomentar o entrenamento mental.
Sesións de baile
Tamén dende o Club do Centro Social dos Maiores ademais do baile dos fins de semana se veñen organizando actividades coma os Venres de Parranda, con sesión con música en directo nos que @s participantes difrutan co baile.
Excursións
Dende o programa Silleda Activa tamén se organizan dúas veces ao ano (en primavera e outono) senllas excursións a ciudades do territorio nacional e Portugal para realizar visitas turístico-culturais. A Costa Dourada, La Rioja, Zaragoza, Lisboa… son algúns dos últimos destinos destas saídas.
Descontos para socios/as do Club do Centro social de Maiores
Os/as membros do Club do Centro Social dos Maiores de Silleda. A partir de agora poderás disfrutar de descontos na cafetería do Centro Social, nas actividades municipais e nos seguintes comercios do concello:
OPTICAS
- Óptica TITANIUM (Avda. do Parque nº35 baixo – Silleda)
- Óptica SILVA (Rúa Trasdeza nº61 – Silleda)
SERVICIOS DE PODOLOXIA E ORTOPEDIA
- SERINTER (Avda. do Parque nº32 – Silleda)
SERVICIOS DE PODOLOXIA E BENESTAR:
- TERNATUR (Rúa. do Parque nº20-baixo Bandeira)
DENTISTAS
- PENA RODRIGUEZ S.L. (Rúa Progreso nº76 baixo – Silleda)
- MARTA MACÍAS (Rúa Xeral nº38 baixo – Bandeira)
- MANUEL J. LOPEZ GARCIA (Rúa Trasdeza nº81 1º – Silleda)
HERBOLARIOS E PARAFARMACIAS
A PARAFARMACIA (Rúa República Arxentina nº6 baixo – Silleda)
DECORACIÓN NO FOGAR
- MARÍA LODEIRO (Rúa Antón Alonso Ríos, 12 baixo)
- ARCOLAR 2000 (Rúa Venezuela, 40)
MERCERÍAS
- MERCERÍA SONIA (Rúa Venezuela, 39)
TENDAS DE ROUPA
- CARDIBEL (Rúa Trasdeza, 87)
Estes establecementos e aqueles que se unan con posterioridade, estarán identificados como membros asociados ao Club. Só tes que presentar o carné no momento do pago para que che apliquen os descontos.