Amplíase ata o venres 26 de xuño o prazo para participar nos campamentos de inglés en Portonovo e Os Peares

Silleda, 19 de xuño de 2015. A Concellería de Educación de Silleda vén de ampliar ata o vindeiro venres día 26 o prazo para inscribirse nos campamentos de verán con distintas actividades e a aprendizaxe de inglés como un dos obxectivos.

Este ano a oferta chega por partida doble. Así, para os nenos de 9 a 13 anos, ofértase un English Camp en Os Peares, do 19 ao 26 de xullo. Ademais de obradoiros, os asistentes realizarán visitas á Ribeira Sacra, xogos en valor, veladas, ou dramatización on english. A proposta inclúe actividades ao aire libre como xeocaching, kaiak, paddelboard, orientación con GPS… O campamento ten a súa base no Peares International Educación & Leisure Center. O prezo da actividade é de 295 euros.

A outra opción está dirixida a mozos/as de 14 a 18 anos. Trátase dun Surf Camp en Portonovo, tamén a celebrar nas mesmas datas que o anterior (do 19 ao 26 de xullo). O programa de actividades inclúe obradoiros, visitas a Portonovo e Sanxenxo, xogos en valor, actividades on english, e deportes de aventura. Así ademais de xeocaching, tamén se propón kaiak, kaiak-surf, snorkel con seedo scooter , cometa… O prezo é de 285 euros.

As persoas que queiran recibir máis información ou inscribirse, deben de dirixirse  á Casa da Cultura, en horario de 08.00 a 14.00 horas, ou ben chamar ao 986 581028.