A maquinaria da Mancomunidade remata o primeiro turno de traballos en silleda tras dous meses e medio de actuacións en 10 parroquias

 

Silleda,  20 de Agosto de 2025.- As máquinas da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Deza veñen de finalizar o primeiro turno anual que lle corresponden ao Concello de  Silleda, e que se prolongou durante dous meses e medio actuándose  en dez parroquias do municipio: Negreiros, Breixa, Manduas, Cervaña, Lamela, Piñeiro, Martixe, Pazos, Graba e Silleda (Mourelos).

As tarefas centráronse fundamentalmente na mellora de viarios de acceso a explotacións agrícolas e gandeiras, coa reparación integral de camiños moi transitados como os do Monte do Faran entre Manduas e Breixa, os que conectan Negreiros con Breixa, o vial de A Brea a A Peroxa en Lamela, o Requeixo en Cervaña, o vial que une Martixe con Pazos, así como accesos a vivendas e fincas en Mourelos, Medelo, Piñeiro e Vilar de Graba.

Xunto a isto acometeuse tamén unha ampliación de viarios en Parada, solventando con elo ademais un problema moi importante de acumulacións de agua de choiva no inverno. Tamén se actuou  no entorno de acceso ao Auditorio da Semana Verde, ampliando o espacio de acceso rodado ao mesmo, co obxectivo de mellorar as condicións de carga e descarga dos grandes espectáculos que se celebran no recinto.

Todas estos viarios foron  reparardos tras unha apertura e perfilado previo de cunetas y una nivelacion y preparacion de toda su superfice. Se acabaron todos ellos con zahorra compactada, mellorando así a circulación rodada e facilitando as tarefas vinculadas ao sector primario.

En Silleda, Laro y Taboada se prepararon tamen outras pistas asfaltadas, nas que se fixo unha  apertura e perfilado das cunetas, con actuacións de especial relevancia entre A Calvela e Freixeiro, na parroquia de Laro, e no lugar da Ponte, en Taboada, onde se rexistraban continuas escorrentías de auga. Tamén se prepararon as cunetas no viario de acceso ao Lugar de Mourelos na parroquia de Silleda.

A alcaldesa de Silleda e concelleira de Obras, Paula Fernández Pena, quixo agradecer “o bo facer dos operarios comarcais, que realizaron un labor moi importante tanto pola súa extensión como pola calidade de execución” e anuncia que na segunda quenda, que se desenvolverá entre o 17 de outubro e o 19 de decembro, “continuarase coa folla de ruta establecida para dar resposta ás necesidades trasladadas nas reunións parroquiais”.