- O investimento previsto no tramo, dende o lugar do Carballo ata Forcas, xa na parroquia de Laro, supera 119.000 euros e realizase en colaboración co Programa Camiña Rural
Silleda, 25 de novembro de 2025. O Concello de Silleda continúa ca realización de obras de mellora viaria do municipio. Así, e a través do Programa Camiña Rural (anteriormente coñecido como Plan Marco), convocado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), estase a executar a reforma integral do vial de A Laxe, en Oleiros.
A través desta axuda financiaránse 98.476,79 euros dos 119.156,92 euros que custa o proxecto.
Trátase da pista que vai dende a estrada autonómica PO-201 (Silleda-Laro), no lugar de O Carballo ata a localidade de Forcas, xa en Laro. Esta é ademais a única vía de acceso para a veciñanza do lugar de A Laxe, en Oleiros.
Ademais da reforma integral desta vía, que con máis de 1,4 kilómetros, comunica un dos núcleos con máis poboación da zona, tamén se mellorará o trazado no tramo inicial, eliminando unha curva pronunciada grazas a cesión de tres persoas propietarias.
A alcaldesa, Paula Fernández, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González, visitaron hoxe os traballos, adxudicados á empresa Taboada e Ramos, que comenzaron xa nas últimas semanas, ca limpeza de cunetas e a eliminación precisamente da curva no primeiro tramo. “É un viario que ademais de dar acceso ao núcleo de A Laxe, tamén está ubicado nunha zona onde se concentran tamén varias explotacións agrogandeiras e pola que circula o transporte escolar”, indica Paula Fernández. Con esta obra, na que se está a executar estes días a primeira capa de regularización, mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións, como a dotación de cunetas tendidas en algún tramo.
Nos últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro), o de O Castro-Negreiros, Portapiñeiro, na parroquia de Piñeiro e Rabo de Gato, en Moalde.
“Con esta actuación seguiremos mellorando a rede de estradas municipais e os servizos para a veciñanza”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.
