Silleda, 10 de decembro de 2025. O Concello de Silleda abre mañá xoves o prazo de participación para que a rapazada que o desexe participe nas cabalgatas de Papá Noel e dos Reis Magos.
No caso do desfile de Papá Noel, que terá lugar o vindeiro martes día 25 na Bandeira, hai que anotarse no Centro Cultural Vista Alegre (986 585550). O prazo está aberto ata o luns 22.
Para participar na Cabalgata de Reis do luns día 5 de xaneiro polas rúas de Silleda, o prazo estará aberto ata o vindeiro xoves 26, para nenos e nenas de 5 a 10 anos. O número de prazas é tamén limitado e no caso de superarse, realizarase un sorteo público. Todas as persoas que se inscriban na Cabalgata de Reis recibirán unha comunicación ca normativa de participación.
Ademais de por Rexistro de entrada, tamén se poderán presentar solicitudes por Sede Electrónica. Os formularios están dispoñibles tamén na web municipal, que se pode descargar no seguinte documento:
