Silleda, 11 de xaneiro de 2017. O vindeiro sábado día 14 comezará na Casa da Cultura de Silleda o Curso de Iniciación á Apicultura, organizado dende o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda. En total participarán 25 alumnos e alumnas algúns chegados dende distintos puntos da xeografía galega como Noia ou o municipio ourensán de Bande. O curso, que xerou un grande interés entre o público, celebrase os días 14, 21, 28 de xaneiro e o 4 de febreiro, en horario de 16:00 a 19:00 horas, impartido por persoal da Asociación Galega de Apicultura, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
O curso ten un prezo de 30 euros, que será de 15 euros no caso daquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego. Este desconto aplícase aos outros cinco ciclos do Centro de Desenvolvemento Agrario, un dos proxectos máis ambiciosos do Concello de Silleda que se coordina dende a Concellería de Medio Rural, que dirixe Jesús Taboada, que destaca a “boa acollida destes cursos, os primeiros que se ofertan dende esta entidade”, engade.
O ciclo de Iniciación á Apicultura consta de 9 módulos, nos que figuran temas relacionados coa lexislación no sector, guía de boas prácticas agrícolas, sanidade apícola, flora melífela, e un módulo especial adicado á vespa velutina, especie que se extendeu nos últimos meses e do se retiraron numerosos avispeiros pola zona.
Tamén se abordarán cuestións relacionadas coas colmeas e os utensilios do apicultor; reproducción das abellas, ou a comercialización e prezos da mel. Falarase ademais da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia e de producción ecolóxica.
Dende o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda ofertáronse este ano ademais cursos xardinería básica; de poda e enxerto; de horta ecolóxica; plantas medicinais e aromáticas e Plantas que curan plantas.