Redistribuídas as áreas de goberno logo da renovación no executivo municipal

 

 

Silleda, 24 de xullo de 2013. Os integrantes do grupo de goberno do Concello de Silleda mantiveron hoxe un encontro para redefinir as áreas de goberno e as concellerías logo dos recentes cambios no grupo municipal, coa marcha de Paula Fernández ao Senado e a renuncia de Antonio Couso.

O alcalde, Manuel Cuíña Fernández, asumirá tamén as competencias de Urbanismo, Obras, Facenda, Seguridade, Tráfico e Réxime Interior. Klaus Brey Montaña pasa a ser primeiro tenente de alcalde e será o responsable de Medio Rural e Servizos, ademais de manter as competencias en Deporte e Mocidade. Dolores García Troitiño convértese en segunda tenente de alcalde, continuando como responsable das áreas de Servizos Sociais e Igualdade.

Así mesmo, Margarita Campos Espiño continúa con Cultura, Normalización Lingüística e Comunicación Social, e suma a área de Turismo. No encontro tamén estiveron presentes os dous novos integrantes do equipo de goberno, que están pendientes de tomar posesión. Pilar Peón convertirase en concelleira de Educación, Sanidade, Emprego, Participación Cidadá e Persoal e Luis Rodríguez será o encargado das áreas de Medio Ambiente, Comercio e Industria.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local quedará integrada por Manuel Cuíña, Klaus Brey, Dolores García, Pilar Peón e Luis Rodríguez.

“Cremos que será unha renovación positiva para o Concello de Silleda”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña, que agarda que os dous novos compañeiros “poidan tomar posesión canto antes”. Así mesmo, Cuíña destaca as “gañas e ilusión” coas que afrontan esta nova etapa, “sempre pensando en dar a mellor resposta para os veciños e veciñas de Silleda”.