Curso de Monitor de Tempo Libre

A Concellería de Mocidade, que dirixe Klaus Brey, organiza un curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre que comenzará este mes de novembro. Ten unha duración total de 2200 horas de fase teórico-práctica e as clases terán lugar na Casa da Xuventude. O horario será intensivo de 09.00 a 21.00 horas, durante as 20 xornadas de duración do curso, que rematará en febreiro.

Así celebrarase en novembro os días 23 e 24; en decembro (o 7, 8, 21,22, 26,27, 28 e 29), en xaneiro os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 e en febreiro os días 8, 9, 15 e 16.

O curso ten un custe de 225 euros e asegúrase ademais o lugar onde facer as prácticas. As persoas interesadas en participar deben cubrir, a partir do vindeiro luns día 4, o formulario de inscrición que poden obter na Casa da Xuventude, na web municipal silleda.es ou na web www.escolaruraldetempolibre.com.

Posibilidade de pagar en tres prazos

O abono da matrícula pódese facer en tres prazos. O primeiro deles, de 100 euros, será obrigado para formalizar a inscrición. Así, no momento en que se entregue o formulario debe acompañarse o recibo do ingreso desta cantidade.

Este ciclo, homologado pola Xunta de Galicia, será impartido pola Escola Rural de Tempo Libre, e para a súa celebración precisase un número mínimo de 20 alumnos (e 25 como máximo).

Dende a Concellería de Mocidade, Klaus Brey, advirte que se trata dun ciclo moi interesante, sobre todo para as persoas que teñan titulacións relacionadas coa planificación e o desenvolvemento de actividades de ocio, e resalta que ademais os participantes teñen as prácticas aseguradas.

Descarga aquí o formulario de inscrición