Igualdade

A  Concellería de Igualdade  é o compromiso formal e a contribución do Concello de Silleda á eliminación e diminución das desigualdades de xénero, que é unha obriga e responsabilidade pública.

O Concello de Silleda neste sentido, elabora o seu V Plan de Promoción da Igualdade do Concello de Silleda e que pretende dar continuidade ao traballo iniciado, ter en conta as leccións aprendidas e introducindo as novidades e adaptacións necesarias.

O Centro de Información á Muller (CIM), servizo municipal de información e asesoramiento ás mulleres, adscrito á Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo, programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.