Dende abril de 2013, o Concello de Silledaten operativo o servizo de recollida de animais abandonados, logo de sumarse ao convenio da Deputación provincial.
Os veciños e veciñas que detecten o caso dun can abandonado poden chamar ao Concello de Silleda (986 580000) onde se recollerá o aviso. De xeito inmediato darase traslado do caso á empresa que se encarga do servizo provincial de recollida, que levará os animais ata o Centro de Acollida de Armenteira, en Meis.
O servizo contempla tamén a retirada de animais domésticos mortos (cans e gatos) das vías publicas e estradas do municipio.
O Concello colabora coa empresa adxudicataria da recollida para identificar, se é o caso, ao propietario dos animais recollidos. Cando esa identificación sexa posible, comunicaráselle ao propietario que nun prazo de 10 días debe proceder a recuperar ao animal, previo aboamento dos gastos que orixinou a súa custodia e mantemento. Se no dito prazo o dono do animal non o recolle, entenderase que está abandonado. Esto non eximirá ao dono do animal na responsabilidade en que puidera incorrer o seu abandono.