LICITACIÓN PROXECTO «MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2019» PLAN CONCELLOS. LIÑA 1

 

ANUNCIO DE LICITACIÓN

(Expte. 38/2019)

Licitación do da obra denominada ““Mellora de Camiños Municipais 2019” (PLAN CONCELLOS 2019. Liña 1)

 

  1. OBXECTO e procedemento de adxudicación: Obxecto do contrato: O obxecto do presente contrato é a execución da obra denominada ““Mellora de Camiños Municipais 2019”. Verificarase mediante procedemento aberto.
  2. TIPO DE LICITACIÓN. O orzamento base de licitación (gasto máximo autorizado) para este contrato queda fixado na cantidade de 489.361,54 € (IVE incluído), correspondendo ao importe neto a cantidade de 404.431,03 €, e ao IVE aplicable 84.930,51 euros, quedando integrado polos custos directos e indirectos que se reflexan nos cadros de precios do proxecto técnico, determinándose os custos laborais segundo convenio sectorial de aplicación.
  3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. A forma de adxudicación do contrato será o procedemento aberto, no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores.

Perfil de contratante

Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este Concello conta co Perfil de Contratante, tanto na web como na súa sede electrónica, ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na páxina web seguinte: www.silleda.es

  1. PRAZO EXECUCION/DURACION. O prazo máximo de execución da obra é de DOUS (2) meses a contar desde a data da acta de comprobación do replanteo, de conformidade co disposto na LCSP. Establécese como data de inicio prevista das obras o día 27 de febreiro de 2019.
  2. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo:

Esta licitación non ten carácter electrónico, non se esixe por tanto a presentación de ofertas utilizando medios electrónicos, tendo en conta a Disposición Final Sexta da LCSP, sobre habilitación normativa en materia de uso de medios electrónicos, e en espera das normas de desenvolvemento da Disposición Adicional Décimo sexta, que poidan ser necesarias para facer plenamente efectivo o uso de medios electrónicos, informáticos ou telemáticos nos procedementos regulados nesta lei, a presentación e apertura das ofertas realizarase da forma que se describe a continuación.

As ofertas presentaranse exclusivamente no rexistro do Concello con domicilio na Rúa de Trasdeza, 55 –Silleda ,en horario de luns a venres de 09:00 ha 14 h, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Perfil de contratante.

Cando a documentación sexa enviada por correo estarase ao disposto no artigo 80.4 RGLCAP (EDL 2001/34761).

  1. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: No Perfil do Contratante, onde se publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría Municipal.
  2. a) Organismo: Concello de Silleda.
  3. b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.
  4. c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.

3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.

4) Teléfono: 986580000.

5) Telefax: 986581021.

6) Correo electrónico: info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.

7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración

Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/

  1. GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de adxudicación, IVE excluído.
  2. Revisión de prezos: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.
  3. GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

SILLEDA a 10 de xaneiro do 2.019.

O Alcalde

20190110_PREGOS MELLORA DE CAMIÑOS MUNICPAIS 2019(PLAN CONCELLOS 2018-2019) ANUALIDADE 2019(1)