Silleda, 18 de xaneiro de 2019. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou hoxe o entorno da capela de San Blas, na parroquia de Chapa, onde se están a realizar nos últimos días distintas obras de adecentamento e mellora.
Cuiña mantivo un encontro no lugar con varios veciños da localidade, que viñan demandando estas melloras.
Os traballos continúan a bo ritmo a fin de que estén listos para o vindeiro 3 de febreiro, día no que se celebra a festividade de San Blas, un evento que congrega a numersos veciños da zona.
Os traballos no acceso ao entorno da capela comezaron en días pasados coa limpeza da pista. Unha vez limpa, os traballos incluirán a dotación de adoquín en pedra sobre a base existente.
Con esta iniciativa mellorase o acceso a este entorno onde xa se recuperara un antigo sendeiro dende o lugar da Devesa, próximo ao San Blas.