O CONCELLO INICIA A RECUPERACIÓN DA ANTIGA FONTE DA RÚA OUTEIRO

Silleda, 21 de xaneiro de 2019.  O Concello de Silleda, no marco da filosofía de recuperar e adecentar espazos públicos e especialmente aqueles con elementos etnográficos, está a traballar na recuperación da antiga fonte do lugar de Outeiro, en Silleda.

Así, a través do departamento municipal de Obras e Servizos, a semana pasada iniciáronse  os traballos de desbroce e limpeza desta fonte, que estaba tapada.

Os traballos continuarán nestes días de cara á recuperación do antigo manantial.

“A idea é realizar un proxecto máis ambicioso a través do cal se recuperaría non só a fonte senon tamén todo o seu entorno”, indica o alcalde, Manuel Cuiña que se achegou ata o lugar para supervisar os traballos.

Con esta iniciativa poñerase en valor ese espazo tradicional situado na vila de Silleda.

“Unha vez realizadas as tarefas de limpeza e adecentamento do entorno encargarase o estudio para poñer en marcha nun futuro o proxecto de mellora”, engade o rexedor.