Silleda, 1 de febreiro de 2019. O Concello de Silleda vén de rematar o proxecto para dotar cun parke de skate as localidades de Silleda e da Bandeira. Estas plataformas, que permiten tamén practicar patinaxe e BMX instalaránse no primeiro dos casos na praza de Juan Salgueiro e na Bandeira no entorno da praza da Feira.
“Con esta iniciativa viremos a dar resposta a unha petición case histórica dos veciños e veciñas máis novos deste municipio”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
A inversión total prevista para as dúas plataformas é de 39.438,53 euros. Así figura no proxecto que se remitíu en días pasados á Administración Autonómica para concorrer á liña de axudas para crear e mellorar infraestruturas, dotacións, e instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, convocadas o pasado mes de decembro.
Contarán con soleiras para elementos de skateboard de aproximadamente 300 metros cadradros. Nestas plataformas, con distintos módulos, os nenos e mozos contarán cun recinto para practicar estas modalidades deportivas que requiren dunha serie de elementos para adquirir velocidade, elevarse ou dar saltos, entre outros.
O deseño destas instalacións, cun acabado colorista, é autoría dos arquitectos Martín Pereiras Corzón e Miriam Sánchez.
O prazo de execución previsto para contar con esta dotación é de tres meses.
Ubicación nas prazas
No caso da pista de Silleda está previsto ubicala no entorno da praza da Juan Salgueiro, barallando como opción a parcela que o Concello adquirirá na rúa Anton Alonso Ríos.
Na Bandeira barallase como opción o solar cedido o pasado verán por un particular no entorno da praza da Feira.
Dende o goberno municipal, Manuel Cuiña explica que estas novas dotacións “virán a completar a oferta de ocio e deporte para os máis novos de Silleda” e agarda que o proxecto se poida materializar no menor prazo de tempo posible.