Silleda, 9 de abril de 2019. A Concellería de Cultura organiza a vindeira semana unha serie de actividades para o público infantil e as súas familias que se celebrarán no Centro Cultural Vista Alegre. Baixo o lema Semana das Artes Visuais, celebraránse distintas actividades e obradoiros.
Abrirá as sesións un taller de hilorama que se celebrará durante as tres xornadas entre as 19:30 e as 21:00 horas, dirixido a público adulto.
Os máis cativos poderán participar en varias actividades. Así, o luns de 17:30 a 19:00 horas comezará o obradoiro “O meu primeiro album ilustrado”, para nenos e nenas de máis de 7 anos, que continuará o mércores no mesmo horario.
Para os máis novos, de 0 a 3, propónse o luns (de 16:15 a 17:00 horas) un taller de mandalas. O programa tamén inclue un obradoiro de pintura en relieve para cativos e familias, que se celebrará o mércores 17 de 16:15 a 17:00 horas.
As actividades serán gratuitas e para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao propio centro, no 986 585550.