Silleda, 11 de abril de 2019. As obras de mellora da pista de Férveda, en Escuadro, están xa en marcha. Logo das tarefas de limpeza do tramo, con case 2 kilómetros de lonxitude, en días pasados, hoxe aproveitando o bo tempo comezou a traballarse na renovación da pista. Esta vía da acceso tanto ao lugar de Férveda coma á emblemática fervenza á que da nome o lugar.
Estes traballos están incluidos no plan de mellora viaria, aprobada a finais do pasado ano, no marco do Plan Concellos 2019, da Deputación de Pontevedra.
Neste plan de actuación figura tamén a mellora do tramo de Penadauga e a da pista do Rañadoiro, que une as parroquias de Escuadro e Rellas.