Silleda, 24 de marzo de 2020. As mostras de solidariedade siguen aumentando en Silleda durante a crise do COVID-19. Dende o Concello continúan a recibirse importantes doazóns de empresas do municipio, comercios, e chamadas de veciños e entidades poñéndose á disposición da entidade local para o que sexa preciso.
Hoxe mesmo recibiuse no Concello unha partida importante (case 1.000 litros) de gel desinfectante fabricado por unha empresa de Silleda –que se empregará para limpar rúas, vehículos e outros espazos- , así como unha máquina sulfatadora que se enganchará a un remolque do parque de vehículos municipal tamén por parte dunha empresa de maquinaria agrícola do municipio silledense.
Tamén se recibiron materiais para a protección de traballadores e conseguirónse outros para completar a fabricación de máscaras que está a realizar outra firma local de impresión en 3D.
“Prácticamente todo o que temos é grazas á doazon dos silledenses”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, quen destaca que “unha vez máis o noso pobo está a demostrar unha inmensa solidariedade e xenerosidade, algo polo que nos debemos sentir moi orgullosos”.
Así mesmo, tamén se continúan a recibir mensaxes e chamadas de persoas que voluntariamente se ofrecen para repartir alimentos, facer a compra a persoas que o precisen, confeccionar mascarillas….
“Son de agradecer todos e cada un destes xestos de xenerosidade en momentos tan difíciles e complicados nos que o pobo ademais está a facer un enorme sacrificio con esta corentena”, engade Cuiña.