Silleda, 30 de marzo de 2020. O Concello de Silleda continúa a traballar para atender á veciñanza. Os operarios municipais seguirán como nas últimas semanas adicados a tarefas de prevención, limpeza e desinfección. Para calquera consulta, dúbida, ou para impresións de tarefas escolares hai que chamar ao 986 580000. Para cuestións relacionadas cos Servizos Sociais tamén se pode contactar a través do 986 592037. O HORARIO DE ATENCIÓN É DE 09:00 A 13:00 HORAS. Fóra dese horario, para contactar co Concello pódese chamar ao 986 580002. Velaí tamén o Real Decreto 10/2020, publicado onte no que se recollen as novas medidas do Estado de Alarma, e as actividades esenciais que continuarán.
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-4166